Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Cabo Rebordiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dos restos dun muíño de vento situado sobre o monte Rebordiño, no barrio ao que da nome: O Muíño do Vento. A día de hoxe xa só quedan algunhas pedras traballadas así como a moa do que debeu ser o primeiro muíño de vento de Muros. Del fálase nun documento foral do ano 1662 recollido na obra de Mª Angeles Novoa, posteriormente no ano 1789 sae mencionado no derroteiro das Costas de España e del dise que xa está case arruinado e posteriormente noutro Derroteiro do ano 1867 volve a falarse dos seus restos. A día de hoxe é case imposible topar no sitio outros restos do muíño que non sexan a moa e algunhas pedras.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Derrotero de las costas de España en el oceano Atlantico y de las islas Azores o TerceraS .- fR. d. Antonio Valdes Y d. Vicente Tofiño DE S. Miguel 1789

Las gentes de Muros en sus primeros documentos.- Mª Angeles Novoa

Derrotero de las costas de España y Portugal:desde el cabo trafalgar hasta el puerto de la Coruña. D. Pedro Riudavets y Tudury 1867


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.77071601603027
Lonxitude: -9.051142215466825
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84