Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Orro (San Salvador)
Lugar: Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e cun pedestal cuadrangular que leva acaroada unha mesa. O varal é cadrado e achafranado. O capitel é cuadrangular con caveto, e cunhas inscricións. A súa cruz é tamén cuadrangular cos brazos con mediacana. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica A Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e sobre unha peaña dun querubín. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2841578287
Lonxitude: -8.42704832565
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84