Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Viceso (Santa María)
Lugar: Forxán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Está situado nunha encrucillada no medio da aldea de Forxán. Ten plataforma de tres chanzos na que se asenta unha base da que sae a columna de sección cuadrangular con arestas rebaixadas e que remata nun capitel con molduras. Está ornamentado este por un toro, astrágalo, aneis e cimeira. Baixo a Virxe podemos ver a cara dun anxo. A cruz semella unha árbore con nós, na que pende unha imaxe de Cristo de factura elemental, o mesmo que a da Virxe que queda por detrás.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA026.pdf (páxina 22 de 40)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.87759945903264Lonxitude: -8.754939436912537
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84