Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo
Lugar: Falperra
Outra denominación do ben: Panificadora de Vigo
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Panificadora é unha antiga fábrica de pan, fariñas e outros subprodutos da panificación creada pola “Compañía Viguesa de Panificación S.A.”. Tal empresa fúndase en 1920 pola asociación de Antonio Valcarce García e outros catro importantes panadeiros vigueses. En 1924 inaugúranse as instalacións da Falperra, deseñadas por Manuel Gómez Roman e os enxeñeiros da casa “Werner und Pfleiderer”. A excelente ubicación da factoría e os seus mágnificos fornos alemáns tiñan como obxetivo copar o consumo de pan de toda a cidade e bisbarra de Vigo.
No ano 30, aproveitando o auxe do comercio de gran con Arxentina, a factoría ampliase cunha sección de moenda e os silos.
Na posguerra, a Compañia sabe superar a dificultades nos suministros e a regulación do mercado, adquire fábricas en Salamanca e Ávila, e a de Vigo convértese na maior Panificadora de España.
Xa na década dos sesenta a Compañía Viguesa de Panificación, tenta de dar resposta ao estancamento do mercado do pan cunha sección de piensos e fariñas alimentarias: para iso constróese o edificio da rúa Falperra; nos baixos habilítanse locais comerciais.
Esta sección de subprodutos do pan resulta deficitaria. En 1978 morre Antonio Valcarce, e en 1980 a Panificadora deixa de producir.
Na actualidade o complexo industrial ocupa máis de 7200 m2 de solo, ten unha superficie construida de 12.600 m2 e un volumen de 53.700 m3. Está composto por multiplicidade de espazos e solucións de enxeñeria para o tránsito de persoas, máquinas e mercanciasconstruccións nos que destacan:
– O edificio central que alberga os fornos, obradores, sección de moenda e gabinetes.
– Ao Norte, os silos de gran, e cunha altura de máis de 20 m..
– Ao Oeste, a fábrica de piensos, con baixos comerciais cara a rúa Falperra.
– No Leste, un almacén de fariñas baixo cuberta inundable (un particular sistema termoregulador).
– Tamén hai outros edificos para taller mecánico, conserxería, vivendas para empregados, bomba de gasolina, depósito de auga,…


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Apesares dos anos, os incendios e expolios, nos 53.000 m3 da Panificadora, hai moitos elementos mobles (ou semi-mobles) como maquinas para a moenda, controles eléctricos, cintas transportas, motóres, conductos, bascula de camións,… que é preciso conservar e coñecer para comprender o funcionamento e historia da Panificadora de Vigo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

* Facal Rodriguez, Mª Jesus “Antonio Valcarce García” en “Empresarios de Galicia”, CIEF. 2006.
* Berea, E. e García Movilla, Cruz C. “Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca” MOPU, 1993.
* www.entremosnapanificadora.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Dende 1980 o edificio ficou a súa sorte, sufrindo expolios e incendios, namentres a súa propiedade entraba nun círculo de especulación inmobiliaria. Ata fai ben pouco o Concello de Vigo planeaba o seu derribo para promover a construción de vivendas, aparcadoiros e locais comerciais, agora (dende 2011) o Concello mudou a súa actitude, preeve a súa conservación e reutilización, ainda que na práctica o edificio continúa abandonado e sen protexer xurídicamente.


Onde está localizado

Latitude: 42.235240
Lonxitude: -8.728079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84