Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Rúa Padre Feijoo, 14 (O Posío)
Outra denominación do ben: Instituto femenino
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Na consolidación dun edificio no Posío que albergase os estudios de ensino medio na cidade de Ourense sóense distinguir tres etapas fundamentais: unha primeira de necesidade e de concienciación dun espazo digno, unha segunda de consolidación do edificio e unha terceira de recuperación que comezaría a partir do incendio de 1927.

-Primeira etapa, de concienciación:
En 1869 a Deputación Provincial destinará unha parte do seu orzamento para comezar a construción actual onde se asenta o Instituto Otero Pedrayo. Durante vintecinco longos anos vanse realizando as obras que serán destinadas para edificio de tódolos centros docentes de Ourense. Na súa portada principal figura esculpido na pedra Centro Provincial de Instrucción, debido a que comeza albergando o Instituto de 2ª Ensinanza, a Escola de Artes e Oficios, a Escola Normal de Mestres, a Biblioteca Pública, ..

-Segunda etapa, de consolidación:
Inaugúrase o actual edificio no ano 1896, e vai constituír sempre a súa actividade fundamental a de instituto, ou centro de ensino medio. ó longo de moitos anos pasarán polas súas aulas moitos rapaces que despois se converterán en ilustres representantes da cultura galega como nolo poden testemuñar case tódolos membros da Xeración Nós. Como dato interesante hai que dicir que no curso 1904-05 atopamos xa as primeiras alumnas matriculadas.

-Terceira etapa, de recuperación:
En 1927 arde o Instituto. Afecta sobre todo á súa parte dianteira na que se situaba a Biblioteca, a Sala de Profesores, e a Escola de Artes e Oficios, quedando o material que había nestes departamentos inservible. Este feito provocará que despois da reconstrución o edificio se vaia dedicando exclusivamente a Instituto.
Durante a guerra civil son expedientados varios dos seus catedráticos, como Otero Pedrayo e Rodríguez Bouzo, sendo algúns deles reintegrados ás súas cátedras a finais dos anos corenta.
Na década dos anos sesenta o instituto empeza a denominarse Instituto Feminino, debido á apertura dun novo centro no barrio da Ponte que se destinará para Instituto Masculino (Instituto Blanco Amor). Coa democracia volve a ser misto, pero sen a anterior separación de alumnos no baixo e alumnas no primeiro andar.
No ano 1997 inaugúrase o Polideportivo construído no antigo campo O Pompeo, collendo del a súa denominación.

-Paraninfo
Constitúe este salón de actos a parte máis suntuosa do edificio, comparable cos mellores teatros do s. XIX.
Na súa parte superior unhas mamparas pechan a visión desde o piso superior cegando as arcadas, e así nos laterais do piso superior instaláronse dúas aulas lonxitudinais para distintos servizos.

Houbo gran debate nas sesións dos claustros de finais do s. XIX debido á elección de bustos que se colocarían nos fornelos superiores, escolléndose un representante para cada ciencia e presidindo todas as iconas o P. Feijoo nun frontal e, en fronte, Miguel de Cervantes. Nos laterais apreciamos bustos de Jorge Juan, Columela, Herrera, Cavanilles, P. Mariana, Nebrija, Hernández, Murillo, Orfila e Balmes.

-Museo (da rede MUPEGA)
No Museo Pedagóxico de Galicia do IES Otero Pedrayo, que se atopa nos sotos do centro, recóllese material procedente dos gabinetes de Física, Química e Ciencias Naturais do s. XIX e principios do s. XX.
O Museo inaugurouse o venres 12 de xuño de 2009, ás 20 horas, coa presencia de autoridades da Consellería de Educación e autoridades provinciais, gracias á restauración especializada, a preparación dun espazo de exposición e o traballo de moitos claustrais.

Información da páxina web do IES Otero Pedrayo:
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/historia.php


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/historia.php
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/images/paraninfo/obras/index.html
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/mupega/fotos_01/index.html
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/biblioteca.php
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/pavillon.php
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/aulas_tematicas.php



http://asuvasnasolaina.blogspot.com.es/2008/09/mirada-retida-la-regin-21-9-08-marcos.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3321936555379
Lonxitude: -7.86411881446838
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84