Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Muros
Parroquia: Santa Mariña de Esteiro
Lugar: A Silvosa- A Laxe
Outra denominación do ben: A calzada da Silvosa
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Camiño tradicional empedrado que sobe dende a aldea da Silvosa e se ramifica en dous. Un itinerario iría a aldea de A Laxe, perto do Castelo de Esteiro, e outro subiría a penichán ata chegar a Terelle e comunicaría coas aldeas da “montaña”. Uníría os puntos máis cercanos entre a costa e porto de Esteiro, e os concellos de Mazaricos e Dumbría. Polo que era usado para o intercambio de mercancías, sobre todo peixe e fruta por cereais (trigo, centeo e millo) entre o mar e a montaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Por falta de un uso práctico, o camiño (a calzada) está a perder a cuberta empedrada e non está a ser reparada. A masiva presencia de motos e quads acelera a súa degradación, pois as rodas levantan as pedras e a auga das avenidas e a gran pendente fan o resto. Sería necesario restrinxir o paso destes vehículos e poñer en valor o seu trazado.


Onde está localizado

Latitude: 42.8367025413
Lonxitude: -8.98664474487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84