Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: A Moura
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A Moura, zona común aos concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín, preto da capela da Virxe do Monte, parroquia de Loña do Monte (San Salvador).
A que chamaremos a Moura 2, forma parte do límite común aos dous concellos, ao carón da Moura 1 que se sitúa no concello de Nogueira de Ramuín.
Nesta Moura 2 podemos ver na foto aérea (sixpac) que se trata dun pequeno outeiro que o seu cumio está a unha altura de 854 m.
Adentrándonos nesta formación que na súa maioría parece natural, podemos atopar no que sería a zona chaira da cima, o cono de violación dunha mámoa da que aínda se poden ver parte dos seus ortostatos.
Moi perto desta anta, e no mesmo alto do outeiro, atopamos outras laxes chantadas no chan que podería corresponder a outras antas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enlaces web:
http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2012/06/14/investigacion-na-moura-proposta-dunha-experiencia-interactiva/
http://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/06/14/os-enigmaticos-circulos-da-moura-participa-connosco-nesta-aventura/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.351916Lonxitude: -7.681053
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
elixiovieites says:
Xul 13, 2012
Segundo nos conta o catalogador Gavilanes 67:
Ata o de eiquí todo normal, o estraño aparece cando se mira a zona nun visor en internet tipo Sixpac, que foi o que nos pasou a Amaro González de Pardeconde e a min, cando intentabamos situar unhos marcos de termo estudados por Antón Rodicio no seu blog (riberasagrada.blogspot.com.es), que os sitúa pola zona.
O sorprendente do achádeo, son os círculos concéntricos semellando curvas de nivel, que se observan arredor do dolmen anteriormente descrito,
e que serve de centro a estes círculos, que son sucos con unha profundidade media de 65cm, por 160cm de ancho e están separados 350cm uns de outros.
Entre estas gabias, tamén aparecen varias pedras fincadas no chan, con un tamaño non moi grandes.
Nunha visita recente dos membros da SAGA (Sociedade antropolóxica galega), moi interesados no caso, atoparon anacos de cerámica, anaco de ferro e unha pedra do raio, no interior do dolmen e arredores.
Quedaron sorprendidos polos círculos, pero a dificultade está o intentar datalos, nin os espertos na materia o teñen moi claro, existindo varias hipóteses sobre a época en que foron feitos.
Algún di que poden ser modernos, algún tipo de suco para explotación agraria, outros que pode ser unha mina de ouro da época romana, outra pode ser que sexan da mesma época que os enterramentos do dolmen e que podía ser un xeoglifo para remarcar dito enterramento.
Este debate teno aberto a SAGA no seu blog(sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com).
Sexa cal sexa a axeitada, esta clara que de momento e interesante, e sobre todo a coincidencia no centro dos círculos con enterramentos, algo que tamén pasa na Moura 2 e que supoño non e casualidade.
(Foto1 – Sixpac)
Gavilanes67 says:
Xul 13, 2012
Fotos da zona:
http://fotos.miarroba.es/gavilanes67/120-hpim4000/
gavilanes67 says:
Xul 14, 2012
Para seguir o debate da SAGA:
http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2012/06/14/investigacion-na-moura-proposta-dunha-experiencia-interactiva/
http://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/06/14/os-enigmaticos-circulos-da-moura-participa-connosco-nesta-aventura/
Cmm says:
Dec 7, 2020
Actualmente está cuberta polo mato, totalmente impracticable.