Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: A Moura
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Moura, zona común aos concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín, preto da capela da Virxe do Monte, parroquia de Loña do Monte (San Salvador).
A que chamaremos a Moura 2, forma parte do límite común aos dous concellos, ao carón da Moura 1 que se sitúa no concello de Nogueira de Ramuín.
Nesta Moura 2 podemos ver na foto aérea (sixpac) que se trata dun pequeno outeiro que o seu cumio está a unha altura de 854 m.
Adentrándonos nesta formación que na súa maioría parece natural, podemos atopar no que sería a zona chaira da cima, o cono de violación dunha mámoa da que aínda se poden ver parte dos seus ortostatos.
Moi perto desta anta, e no mesmo alto do outeiro, atopamos outras laxes chantadas no chan que podería corresponder a outras antas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlaces web:
http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2012/06/14/investigacion-na-moura-proposta-dunha-experiencia-interactiva/

http://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/06/14/os-enigmaticos-circulos-da-moura-participa-connosco-nesta-aventura/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.351916
Lonxitude: -7.681053
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84