Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: Santa María de Oza
Lugar: Xubias de arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Levantouse nun acantilado sobre a praia de Oza na zona oriental da ría da Coruña. É unha igrexa dunha soa nave con ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón, único elemento orixinario conservado do período románico, na segunda metade do século XII. A nave, posterior, ten dúas capelas laterais cunha disposición asimétrica. A capela norte está cuberta por unha bóveda de canón decorada con casetóns que posúe un arco pegado ó paramento refundido e sobre el un escudo nobiliario. Foi construída por Lorenzo Bermúdez de Figueroa. A capela sur tamén se cobre con bóveda de canón e ten un arco faixón na metade da súa planta. A fachada está realizada en cantería, datando de finais do século XVIII. Está rematada por unha sinxela espadana con volutas rampantes, arcos de medio punto peraltados e unha cornixa de moito voo.
Na restauración de 1992-93 destacouse o aspecto orixinal da cantería, eliminando unha cornixa de formigón, substituíndoa por outra de cantería. Consolidáronse os muros na súa coronación e as bóvedas das capelas laterais e da ábsida. Refíxose a estructura da cuberta da nave con cembras de madeira de castiñeiro e tella curva. Tamén se restaurou o pavimento das lousas graníticas e descubríuse a xanela tapiada da ábsida. No seu interior destaca o arco triunfal de ingreso ó presbiterio da igrexa, de medio punto, liso e que descansa sobre semicolumnas pegadas con capiteis vexetais románicos.
Outro exemplo da riqueza patrimonial desta capela é o achádego de “pinturas románicas escondidas baixo o cal no lugar do retablo”.
No ano 2011 o Servizo Galego de Saúde (Sergas) o cal pertence esta capela, acometiu unhas obras de reparación da espadana porque sufría un grave risco de desprendemento dende o vran do 2010.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”, Vol. VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.34808080242386Lonxitude: -8.387503623962402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84