Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Santa María de Oza
Lugar: Xubias de arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro sen plataforma e cun pedestal cúbico achafranado que sostén un varal cuadrangular ramarcada e recadrado e que na súa parte superior ten unhas inscricións na parte norte e oeste. O seu capitel é cuadrangular moldurado. A súa cruz está desfeita, por desgraza, cousa frecuente no noso patrimonio artístico. É un máis entre os centos de cruceiros rotos, roubados ou desaparecidos. Gracias a Asociación “Bardos Cultural”, sabemos que se levantou o 10 de decembro de 1.787, e ata coñecémolo nome do párroco que o bendiciu (José Gil Taboada y Morado) sendo o seu custe: 553 reais. O que queda deste cruceiro sen cruz é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://temprano.blogs-r.com/weblog/page/temprano?catname=%2FPATRIMONIO+HISTORICO


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.34814955730924
Lonxitude: -8.387547209858894
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84