Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Brión
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Pedrouzos
Outra denominación do ben: Carballeira de Brión
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Ermida adícase a Santa Minia, mártir traída da catacumba romana de Santa Inés por Luis Tobío, que nacera en Lamiño o 1 de setembro de 1781.
O corpo da santa chegou a Brión o 1 de agosto de 1848, aínda que o arcebispo Frei Rafael Vélez dispuxo que a urna fose exposta na igrexa parroquial para que tódolos veciños puideran venerala. A Santa non tivo unha capela propia ata pasados vinte anos, cando se habilitou o novo templo, de planta rectangular e aínda sen rematar.
Entre 1851 e 1857 construíuse a nave e a sancristía e en 1905 fíxose unha nova urna para as reliquias da Santa e os altares laterais, adicados á Virxe de Luján e á de Lourdes.
Esta carballeira era o lugar elixido para as festas, xuntanzas de veciños, mitins políticos…, sendo memorable o acto de adhesión do concello ó levantamento contra o xeneral Espartero do 29 de xuño de 1843.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
http://www.concellodebrion.org/ocio_turismo/que_ver.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8667644137
Lonxitude: -8.67798686028
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84