Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Portomeiro (San Cosme)
Lugar: Portomeiro
Outra denominación do ben: Castro de Portomeiro
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

O cume do Monte Castelo de 394 m. de altura serve de asentamento a este xacemento. O terreo amosa acusados desniveis en todas as direccións, pola que a súa visión do entorno, é moi doada e o seu acceso é moi difícil. As condicións de defensa son excelentes. O castro ou castelo, dun único recinto de forma ovalada está perfectamente adaptado ás posibilidades que lle ofrece a parte máis alta do monte. Este recinto deféndese por un sólido sistema composto por un parapeto reforzado en todo a súa contorna e por unhas sólidas afloracións graníticas que serven de atalaias defensivas e baluartes de difícil superación.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8
(páxina 160)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VALDODUBRA/documents/0394CA002.pdf
(páxina 25 de 29)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/03/27/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Nas inmediacións hai unha enorme canteira.


Onde está localizado

Latitude: 42.977713821439
Lonxitude: -8.6122941970825
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84