Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ames
Parroquia: Piñeiro (San Mamede)
Lugar: Covas- Rúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro aproveita as condicións dun montículo que pertence as estribacións dos montes de Pedrouzos e o Monte Grande na súa caída cara ao río Tambre. As condicións de defensas son boas por atoparse a maior altitude que as terras que o rodean. Ten forma ovalada e alongada no eixo norte-sur, seguindo a inclinación natural do montículo no que se empraza. O castro presenta unha forte estrutura defensiva no sector norte da acrópole, aproveitando a caída natural cara a canle do rego da Anduriña. O parapeto aquí ten anchura variable e unha altura de 2 m. cun desnivel de 7 m. de desnivel cara o exterior. Un pequeno foso rodea ao recinto de oeste a norte, que continúa polo leste ata o regueiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra.
Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8 (páxina 96)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA004.pdf (páxina 1 de 8 )
Mapa de Pendentes Lidar 2010 (arriba dereita, en Covas)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0504.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9368047472
Lonxitude: -8.65385770798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84