Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Lalín
Parroquia: Vilatuxe
Lugar: Vilatuxe
Outra denominación do ben: A Aurela do Castro, Castro de Abaixo, Castro de Soutolongo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Posúe un único recinto circular protexido por unha muralla que se alza de 3 a 5 m. na súa carqa interna e un foso que bordeo ao recinto. A defense refórzase na zona septentrional cun segundo foso separado do primeiro por un parapeto. Na actualidade hai dúas portas de acceso, unha no NE onde se interrumpe a muralla e outra no SO que parece moderna. O recinto esta cuberto de xestas e é de difícil acceso.
Diámetro N-S 100 m.
Diámetro E-O 90 m.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36024038
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan que no seu día, un campesiñoo arando a terra atopou unha cámara subterránea onde parece ser que os mouros oficiaban as suas misas. Debía ser alí poís nela atopouse unha cruz de ouro. Seica despois do achado, houbo unha gran disputa entre os veciños de Viltuxe e os de Soutolongo sobre a quen pertencía a cruz posto que esta aotpouse no límite entre ambos pobos. Para solucionar a disputa dispusose por a cruz sobre un carro tirado por bois e según cara onde foran, a cruz pertencería a un pobo ou a outro. Quiso o destino que o carro de bois fora cara Soutolongo e hoxe en día, dita cruz repousa na igrexa de Soutolongo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● CARBALLO ARCEO, Luís Xúlio, “A cultura castrexa na comarca de Deza”.
Seminario Estudios de Deza, 2002. ISBN 978-84-607-3861-9.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en estado de abandono. A maleza está cubrindo a estrutura, que máis que danalo, estaría a protexelo de espolios e da erosión.


Onde está localizado

Latitude: 42.6096114585
Lonxitude: -8.16996574402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84