Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Dozón
Parroquia: Dozón (Santa María )
Lugar: O Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa de San Pedro goza de certa riqueza escultórica, sobre todo no exterior da mesma.
Así, na zona absidal apreciamos a presenza de arcos debaixo do beirado, que percorren todo o edificio e contribúen a dar un aspecto dinámico ao conxunto.
Tamén nesta zona hai que destacar a existencia de cinco xanelas con capiteis de temas florais, que sosteñen arcos con diferentes decoracións en cada unha delas. A máis interesante é a central, que aínda que está tapiada, adórnase cun rosetón e unha especie de ollo de boi na parte superior.
Na parte norte de San Pedro ábrese unha das portas. Conta cun arco apuntado con tres arquivoltas, sostidas por columnas de capiteis decorados con entrelazos e flores. Hai tamén un tímpano, que acolle unha cruz no seu interior. No lado oeste hai outra portada, decorada esta con maior sinxeleza, a base de molduras en zigue-zague.
No interior só destacar a presenza dalgúns capiteis na ábsida, decorados con motivos florais, entrelazos e aves nun deles.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

No interior aínda quedan algunhas imaxes sen moita importancia, pero hai que destacar unha virxe en pedra de estilo gótico de feitura de moito detalle. Esta virxe atópase actualmente na fachada principal a carón do remate do arco principal. E obvio que ese non era o seu emprazamento orixinal.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, Miguel Romaní Martínez,
“Documentación con el fondo de Oseira (AHN) relacionada con el Monasterio
San Pedro de Vilanova de Dozón (1015-1295)”,
Cuadernos de estudios gallegos, ISSN 0210-847X, T. 50, Nº. 116, 2003, págs. 27-77.

http://portal.lalindeza.com/2010/12/21/san-pedro-de-vilanova-de-dozon/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5770704269
Lonxitude: -8.02250862122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84