Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa María de Lira
Lugar: Miñarzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma octogonal de tres chanzos. A plataforma está bastante deteriorada sobre todo no segundo chanzo e na que ollamos unhas figuras. O pedestal é cadrangular achafranado e recadrado. O varal é circular estriado empezando en cadrado e recadrado. No medio do varal hai unha imaxe bastante desgastada. O capitel é cilíndrico rematando en cadrado. A súa cruz é romboidea rematado con bolas. No seu día presentaba no seu anverso a un Cristo Crucificado e polo reverso amostraba a Virxe dos Remedios mais segundo as xentes do pobo, fai moitos anos unha persoa que non estaba ben da cabeza déuselle por rompela cruz deste fermoso cruceiro. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.797154261549785
Lonxitude: -9.131855517625808
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84