Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa María de Lira
Lugar: Miñarzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta pequena capela está situada en Miñarzo, o pé do castro e construída no ano 1706. Formada por unha planta rectangular moi sinxela con muro de cantería de granito e cuberta a dúas augas. Na cabeceira atopámos a capela maior máis baixa e estreita,de planta cadrada e tamén con cuberta a dúas augas. Un pequeno oco rectangular pola parte oeste da capela maior é a única xanela que posúe nos seus muros laterais. A fachada é moi sinxela, de forma pentagonal, presenta a súa portada rectangular con lixeiras molduras e unha pequena xanela rectangular encima desta. O remate realízase cunha pequena espadana, formada por un arco de medio punto sobre piares que acolle una campá de pequenas dimensións. Remátase cun acroterio que serve de base a unha cruz. No interior úsase como lámpada o timón do Ariete, un barco naufragado a mediados do século XX, suspendido do teito.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Ten unha imaxe da Virxe do Carme á que os mariñeiros de Lira  lle son moi devotos. A súa construción está cinguida pola lenda; uns din que a capela construíse tras unha aparición da Virxe,  e outros din que era unha pequena capela de pastores.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.79745538124459
Lonxitude: -9.13286805152893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84