Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: Peralbar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cadrangular de dous chanzos e con pedestal cúbico achafranado. Ten unhas inscricións pouco lexíbeis na cara do anverso. O varal é octogonal empezando e rematando en cadrado. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O Pano de pureza vai anoado á dereita. Ós pés de Cristo hai unha imaxe pregando. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación. O cruceiro fica valado dentro dun terreo o que fai indicar que é propiedade particular aínda que noutras épocas non era así.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8521659401902
Lonxitude: -9.085012078285217
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84