Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota (San Mamede)
Lugar: Panchés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal tamén cadrangular. O varal é octogonal disminuíndo cara ó capitel e empeza en cadrado estando recadrado. O capitel é cadrangular moldurado con astrágalo cadrado e leva un soporte de ferro para o candil. A súa cruz é cadrangular cos brazos con mediacana e con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña con follas. O cruceiro conserva restos de policromías sobre todo no capitel. O cruceiro é un dos máis antigos do concello sendo todo de granito cun bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.855142932637264Lonxitude: -9.132578372955322
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xul 24, 2012
Engado, coma información complementaria, o enlace ao catálogo das N.S.P. (1996) que recolle este cruceiro:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf