Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Berdeogas (Santiago)
Lugar: Berdeogas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Está situado a carón do pobo de Berdeogas, a uns 100 metros ó leste da igrexa parroquial. Atópase protexido polos murallóns do Norte que semellan ben conservados e os murallóns da parte oeste, este xa peor conservado e en parte desaparecido. Pola parte Leste, a defensa está totalmente desaparecida e por último, o castro deféndese polo lateral Sur polo río Berdeogas, onde podemos ollar outra muralla de protección máis baixa. Dentro atópase un pombal, un cabazo de dezaseis pés, a igrexa de Santiago de Berdeogas e a casa rectoral.
Os restos deste castro están sen escavar estando moi ben coidados cun regular estado de conservación. A beira do rio hai un paseo fluvial moi interesante que desemboca nunha ampla área recreativa, marco de numerosas festas e reunións e para pasar unha boa tarde de lecer.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.032247007207495
Lonxitude: -9.10190999507904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84