Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dumbría
Parroquia: Santiago de Berdeogas
Lugar: Berdeogas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa posúe unha planta de salón formada por unha soa nave e unha capela maior; a sancristía está apegada ó muro sur do presbiterio co que comunica directamente. A nave posúe a mesma anchura cá capela maior e está separada desta por medio dun arco triunfal volteado sobre pilastras. Cóbrese con bóveda de formigón armado.
Dúas pequenas capelas aparecen abertas ó interior no muro sur da nave, así como un baptisterio. No muro norte aparecen outras dúas capelas apegadas. Un coro alto construído en madeira sitúase ós pés da nave.
Unha bóveda de canón reforzada por un arco faixón cobre o presbiterio e, nembargantes, a nave aparece cuberta cunha bóveda de canón realizada con formigón armado. toda a edificación presenta ó exterior unha gran definición dos seus volumes constructivos, a través dos que podemos observar as catro capelas, a ábsida e maila nave. Os muros desta edificación relixiosa están percorridos por unha cornixa formada por unha moldura con tres linteis graduados.
Unha gran torre de fermosa factura coroa toda esta fachada pentagonal que está estructurada mediante a superposición de porta, van fornela e torre.
A porta, formada por un arco de medio punto, acolle un van alintelado, de luz rectangular e a fornela está formada por un arco de medio punto. Nela aparece unha escultura de vulto redondo que representa ó santo titular da igrexa.
O corpo principal da torre que acolle as campás ten planta cadrada e coróase cunha cupuliña.
O retablo neoclásico do século XIX que preside esta igrexa consta de dous corpos, dos que sobresae o segundo, que acolle a imaxe do Apóstolo Santiago con indumentaria de peregrino. Esta talla é barroca e pertenceu ó anterior retablo maior, tamén de estilo barroco.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña,1997.
-Páxina dos Bens da Provincia da Coruña que recolle esta igrexa:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA004.pdf (pax 9 de 11)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0321489764471
Lonxitude: -9.103020429611206
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84