Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Dumbría
Parroquia: Santiago de Berdeogas
Lugar: Berdeogas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Dos case 800 cabazos que hai no concello de Dumbría, este destaca pola súa lonxitude. O carón da Casa Rectoral e metido en zona do castro, ten a particularidade de que, normalmente todos os cabazos cóntanse por pares de pés, mais iste non. Pola cara Norte conta con 15 pés e 16 pola cara Sur, tendo unha lonxitude duns vinte e catro metros. Todos os pés levan o seus conseguintes tornarratos cilíndricos, cámara pechada con fiadas de pedras máis ou menos regulares e superpostas, deixando fendas entra si para permitar a ventilación. Iste cabazo encádrase nos de tipo Costa da Morte e cóbrese a dúas augas con tellas do país. Normalmente nas súas esquinas están coroadas por cruces ou falos ou ámbalas dúas cousas, máis neste debeu perdelas nalgún momento.
As cabaceiras foron utilizados dende fai séculos para preservalas colleitas, sobre todo de millo e patacas. A súa separación do chan fai posíbel a súa conservación sen humidades, mentres que a súa boa aireación e oscuridade fai cos alimentos duren moito máis tempo. Ademais, a separación dos pés do corpo, está formada por tornaratos na que a súa función é manter as colleitas fora do alcance dos ratos e outros roedores. As grandes cabaceiras estaban moitas veces perto dalgunha igrexa e das casas rectorais, pois soían pertencer a estas, debido a que o clero quedábase co 10 % das colleitas, o famoso imposto coñecido como o diezmo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.032139173362445
Lonxitude: -9.10265028476715
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84