Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Marín
Parroquia: Mogor (San Xurxo)
Lugar: Bagüín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

A estación rupestre de Mogor agrupa tres conxuntos de pedras con gravados, situados a curta distancia uns dos outros.

O primeiro grupo, coñecido como Pedra ou Laxe dos Mouros, é o de maior tamaño. Contén máis de 30 motivos insculpidos, entre os que os máis abundantes son as combinacións de círculos concéntricos (máis de 25), moitas delas unidas entre si por trazos radiais. Ademáis, hai outros dous motivos de forma labiríntica (ou pseudolabiríntica), varios círculos simples, coviñas e un cervo por diversos paneis na rocha.

Os outros dous grupos de gravados, coñecidos como Pedra do Labirinto” e “Pedra dos Campiños”, están situados a poucos metros, e recóllense en ficha aparte.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36026025
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Labirinto de Mogor

Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNÁNDEZ-GIL CASAL,J. (1916): “Sobre la identificación de las insculturas del Monte Mogor con la moneda de Cnossos”. Boletín de la Real Academia Gallega, IX, nº108. A Coruña, pp. 279-286.

MONTEAGUDO,L.(1952): “Sistematización de los laberintos prehistóricos”. Cuadernos de Estudios Gallegos, VII. Santiago de Compostela, Instituto P.Sarmiento de Estudios Gallegos, pp. 301-306.

SOBRINO LORENZO-RUZA,R. (1951): “Petróglifos e labirintos”. Revista de Guimaraes, LXI. Guimaraes, Sociedade Martins Sarmento, pp. 378-393.
(1953): “Los motivos de laberinto y su influencia en los petroglifos gallego-atlánticos”. Revista de Guimaraes, LXII. Guimaraes, Sociedade Martins Sarmento, pp. 56-82.
(1956): “Ensayo de datación de los laberintos grabados europeos tipo Tagliatella”. Revista de Guimaraes, LXVI. Guimaraes, Sociedade Martins Sarmento, pp. 426-444.

BLANCO FREIJEIRO,A.- (1958): “El laberinto de Mogor”. Archivo Español de Arqueología, XXXI. Madrid, Instituto Español de Arqueología, pp. 168-175.

GARCÍA ALÉN,A. y PEÑA SANTOS,A.de la – (1980): Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1980.

PEÑA SANTOS,A.de la (1981): “El tema del laberinto en al arte rupestre gallego”. Bollettino del Centro Camuno di Studi Preistorici, XVIII. Brescia, pp. 65-74.
(1982): “Los motivos de laberintos tipo Mogor en el ámbito de los grabados rupestres gallegos”. Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais, 1-2. Pontevedra, Diputación Provincial, pp. 39-51.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O perigo crónico desta estación rupestre é o elevado número de visitantes que soporta (está sinalizado e a carón dunha das praias máis concorridas do Concello), e o comportamento irresponsable de moitos deles (lixo, “repintado” dos sulcos con xiz, anacos de tella ou mesmo pintura…).
Na actualidade, está en construcción un “Centro de acollida de visitantes” que, de funcionar, debería de poñer un pouco de sentido nas visitas.


Onde está localizado

Latitude: 42.38550918067053
Lonxitude: -8.718091249465942
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84