Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: San Pedro de Coucieiro
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cadrangular de catro chanzos e pedestal cadrangular achafranado. O varal é circular estríado empezando en cadrado e recadrado onde ten inscricións polas catro caras, algunhas delas moi febles e onde se pode observar o ano da súa fundación, 1687. O capital é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados rectos e volutas. A súa cruz é cadrangular achafranada e con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravose as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza semella estar anoado á dereita. Polo reverso da cruz está a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados. Pola parte de abaixo da virxe parece que falta unha peza. O cruceiro é todo de granito cun estado regular a malo debido a gran erosión que ten.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.02477269293143
Lonxitude: -9.158397316932678
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84