Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Santiago de Berdeogas
Lugar: Berdeogas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cadrangular dun chanzo e pedestal cadrangular achafranado e na que vai unha mesa acaroada. O varal é octogonal empezando en cadrado na que ten unha inscrición que pon:”A 1797″. O capitel é octogonal, con astrágalo octogonal e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas, caras e follas de bordes lobulados. A súa crúz é octogonal con remates florenzados e botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa de espiñas e cunha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0327489222475
Lonxitude: -9.101588129997253
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84