Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Rodeiro
Parroquia: O Salto (Santo Estevo)
Lugar: Alemparte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
E un dolmen formado por oito esteos colocados en forma poligonal e cun corredor de dúas pezas con cuberta. A lousa cobertoira atópase caída dentro da cámara que xa se atopa en moi mal estado posiblemente debido as raíces dos carballos e matogueiras que invaden o túmulo.
Un dos seus esteos debe conservar motivos pictóricos en zig-zag, mais o mal estado fai xa moi complicado meterse no interior para a súa observación.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36047011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase completamente rodeado de matorrais que poden favorecer ó seu derrumbe
Onde está localizado
Latitude: 42.72267764709051Lonxitude: -7.906862497329712
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
elixiovieites says:
Xul 26, 2012
Páxina do PXOM do concello de Rodeiro que recolle este Ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RODEIRO/documents/26711ca022.pdf
( páxina 3 de 8 )
Capítulo 0 » O Coto dos Mouros, un sidh en Rodeiro says:
Mar 28, 2013
[…] Descubrino grazas ao traballo de Xandlinarthy en patrimoniogalego.net. Alí tes a ubicación […]
magago says:
Mar 28, 2013
Unha marabilla, XANDLINATHRY, moitas grazas! Publiquei algo sobre o lugar en Capítulo Cero:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/03/28/o-coto-dos-mouros-un-sidh-en-rodeiro/
Xandlinathry says:
Mar 31, 2013
Graciñas. Eu atopeino grazas o libro de Moncho Boga, pero unha vez alí costoume dar con él porque está bastante mal conservado. Un veciño da zoa contoume ben como chegar e alí estaba, pero tampouco me quixen meter dentro, parece moi inestable. Penso que a provincia de Lugo e Galicia en xeral debería de facer algo máis por conservar estas xoias que temos abandoadas.
Oscar Franco says:
Dec 31, 2021
A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) denuncia o mal estado deste monumento megalítico. Así o recolle a prensa dixital do 21 de decembro de 2021:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/rodeiro/2021/12/20/lanzan-sos-salvar-dolmen-couto-dos-mouros-rodeiro/0003_202112P20C4992.htm