Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muxía
Parroquia: San Pedro de Leis
Lugar: Leis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

As súas pequenas dimensións destácana do resto das igrexas románicas do arciprestado de Nemancos, cunha marcada raigume compostelá. É de planta basilical, dunha soa nave, con cuberta de madeira e tellado a dúas augas. A súa ábsida é rectangular polo exterior e mailo interior.
A fachada principal está formada por unha porta con arquivoltas apoiadas sobre columnas apegadas, rematadas en pequenos capiteis vexetais e bases clásicas. A arquivolta exterior presenta unha decoración xeométrica. Remata o primeiro corpo unha liña de imposta corrida que a separa do corpo superior no que destaca o van formado por un arco de medio punto, apoiado en columnas acobadadas. Sobre a arquivolta aparece un tímpano semicircular no que destacan catro arcos de influxo califal que lembra a portada das Praterías da catedral de Santiago. As fiestras románicas da fachada principal e a ábsida son un dos elementos máis destacados. A cuberta remátase cunha espadana formada por dous vans con arcos de medio punto que aloxan o corpo das campás. Este primeiro corpo remata nunha cornixa que soporta acroterios piramidais e un corpo central furado cun pequeno van coroado cunha cruz. Nos muros norte e sur fican con canzorriños de diferentes figuras e no presbiterio un arco triunfal de interesante organización.
No seu interior aparece unha ábsida de planta cadrada cuberta con bóveda de canón corrida. Un dobre arco de medio punto que apoia en dúas columnas en cada un dos seus extremos, forma o grande arco triunfal que dá acceso á nave. Notable ademais por conservar baixo o altar “Corampópulu” unha placa de alabastro con crismón, achada na mesma igrexa de inapreciábel valor para a historia da relixión.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV, Deputación provincial da Coruña, 1997.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/0232CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1153540071
Lonxitude: -9.1543123126
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84