Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: San Fiz de Caberta
Lugar: Mintiráns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é octogonal comenzando en cadrado no que hai unha inscrición moi feble onde pon “…ANO 1873…”. O capitel é cadrangular con astrágalo octogonal, volutas, follas de acacia e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é cadrangular cos brazos achafranados e remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza fica anoado á dereita. Polo reverso da cruz está a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.01171693009076
Lonxitude: -9.185758531093597
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84