Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muxía
Parroquia: Coucieiro (San Pedro)
Lugar: Trasufre
Outra denominación do ben: Capela do Espiño
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa de sillería e mampostería grosa de granito, presenta unha planta de cruz latina, de brazos cortos con cruceiro e presbitero destacados en planta e unha sancristía apegada ó muro norte do presbiterio. O cruceiro é de bóveda nervada moi pouco remarcada, case máis propiamente bóveda de arista. O presbiterio é moi destacado, por estar reducido a pequenas capelas con arco triunfal de medio punto sobre impostas. Ten cancela de peche de ferro colado, de traza coidada.
A fachada é moi sinxela, acolle unha porta rectangular que dá entrada o recinto e sobre ela un pequeno van de luz rectangular, máis arriba destaca un frontón quebrado e liso sen decoración rematado por un pequeno corpo rectangular que serve de base á espadana. Esta está formada por dous vans con arcos de medio punto que acollen ás campás rematando cunha cornixa que soporta dous acroterios piramidais, un en cada esquina.
Este santuario barroco surxiu no século XVIII por obra da iniciativa dun canónigo devoto da “Virxe da Aranzara” o cal recibiu eiquí o nome da Nosa Señora do Espiño. No seu interior conten tres fermosos retablos.
A popularidade do santuario foi intensa, ata o punto que deu orixe ó topónimo do lugar, que agora chámase “O Espiño”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA001.pdf
http://www.concellomuxia.com/pxom/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0267727298
Lonxitude: -9.1408342123
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84