Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muxía
Parroquia: Coucieiro (San Pedro)
Lugar: Coucieiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa de sillería e mampostería grosa de granito, presenta unha planta de cruz latina, con cruceiro destacado en planta e alzado, o mesmo que o presbiterio. A fachada amósanos unha simetría tan só rota pola torre campanario desprazada ao lateral sur, presenta unha porta moldurada seguida dunha fornela coa imaxe do santo titular e unha xanela rectangular, unha cornixa separa o frontón triangular cun escudo centrado neste frontón e coroado por un pináculo triangular e outros dous moldurados a ámbolos lados. A torre campanario de altísima base, cadrada é seguida por outros dous corpos superiores. O primeiro corpo presenta catro arcos de medio punto peraltados que descansan sobre semicolumnas apegadas. O segundo organízase cunha pequena cúpula sobre un tambor octogonal. Nave con pilastras sinxelas e entablamento continuo. Bóveda de canón dividida en tres tramos. Cruceiro con grandes piares e bóveda de canón. O presbiterio con pilastras nas esquinas, arcos formeiros de medio punto e bóveda con aristas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.03735419322774
Lonxitude: -9.167414903640747
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84