Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Marín
Parroquia: Mogor (San Xurxo), Marín de Arriba (San Xulián)
Lugar: Porteliña
Outra denominación do ben: Castro da Cividá, da Cividade, de Porteliña, das Sete Espadas
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado no alto da Porteliña, entre as parroquias de San Xurxo de Mogor e de San Xulián de Marín de Arriba, domina cara o leste todo o val do Lameira onde hoxe se ergue a actual vila de Marín, e tamén polo oeste o val de Bagüín, cara Mogor.
Conta cunha acrópole ou croa de reducidas dimensións e planta ovalada, con dous promontorios rochosos que formarían parte das súas defensas. Porén, as vivendas esténdense por toda a ladeira leste ata a pista asfaltada que o circunvala, onde se poden apreciar aínda restos dun cuncheiro. Aínda que os seus límites non están ben precisados, todo indica que o poboado tería unha considerable extensión, entre as 3 e as 4 ha.
A principios dos anos 80 foron practicadas unhas pequenas sondaxes por Emilio Moledo Pérez e José Carlos Pascual Vázquez, do grupo de arqueoloxía García Alén. Esta escavación puxo ao descuberto varias vivendas circulares na mencionada ladeira, fóra do recinto superior do castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MOLEDO PÉREZ Emilio, PASCUAL VÁZQUEZ, José Carlos. 1982: “Nuevos materiales procedentes del Castro a Subidá (Marín)” El Museo de Pontevedra, nº XXXVI. págs. 289-298 ISSN 0210-7791


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A ladeira Leste está bastante alterada por pequenas canteiras para a extracción de pedra, e outras pequenas obras como un depósito de augas soterrado.
Nos anos 90, a deputación de Pontevedra fixo un enorme desmonte para sacar material co que aterrar e ampliar a estrada EP-1201, destruíndo posiblemente parte das defensas.
Na actualidade, e despois de décadas de abandono e agresións, hai en marcha (de maio a setembro de 2011) un proxecto de “escavación, conservación e difusión”, promovido polo Concello de Marín con financiación europea (FEDER). A escavación céntrase na área anteriormente descuberta.


Onde está localizado

Latitude: 42.3820698119
Lonxitude: -8.70906829834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84