Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Quiroga / Quiroga (comarca)
Parroquia: Sequeiros (Santa Mariña)
Lugar: Os Novais
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O Castelo de Torresnovaes, do século X, atópase nun montículo chamado Monte do Castelo. Conserva por un lado os muros, foxos e defensas de acusada influenza castrexa, e por outro lado, a torre e unha ventá aximezada.
O castelo aproveita as ladeiras empinadas deste monte na súa confluencia co val do río do Castelo das Eiras, val que foi pechado polas obras do desterro da estrada nacional.

Accédese a él por unha rampa de lousa que nos conduce á entrada da fortaleza. Nesta entrada atopamos unha cruz da Orde de Malta. O edificio consta de dous corpos independentes ben diferenciados: a torre, do século X, é a máis antiga, puidéndose levantar sobre as ruinas dun antigo emprazamento suevo ou castrexo. Os seus muros, de casi catro metros de espesor, dannos unha idea do seu caracter defensivo. A súa planta é cadrada e cara ao sur presenta unha porta con bóveda de medio punto de “pedra cabaleira” dun color loiro intenso que denota un alto nivel de oxidación de ferro que contén este tipo de pedra.

O outro edificio é o palacio, que data dun século máis tarde (s. XI). É de planta trapezoidal e foi construído polos Cabaleiros de San Xoan de Malta. Na súa entrada, tamén formada por un arco de medio punto, pódese apreciar aínda hoxe a Cruz de Malta que se atopa gravada sobre unha pedra.

Ao borde do precipicio podemos observar os restos da antiga muralla que circundaba ó castelo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Existe a lenda que fala da princesa de TorresNovaes, filla do Señor de Torrenovaes. A princesa era unha moza que mantiña unha relación amorosa cun mozo do outro lado do río Sil.
Os namorados víanse todas as noites ás agachadas por medio dun pasadizo que unía o Castelo coa outra orilla, debaixo do Sil.
No momento que o señor de Torrenovaes coñece os amores da súa filla cun mozo de baixa condición social, ordea tapar as saídas do pasadizo no momento en que os mozos estiveran dentro.
Conta a lenda que as pepitas de ouro que arrastra o río Sil proceden dos cabelos da moza.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2014/04/la-princesa-de-torrenovaes.html?spref=fb


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4557253698
Lonxitude: -7.24350661039
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84