Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dumbría
Parroquia: Salgueiros (San Mamede)
Lugar: Salgueiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa ten unha planta de cruz latina, cunha capela maior cadrangular, tanto no interior como ó exterior. No punto de unión da nave coa capela maior destacan dúas capelas que forman o brazo do cruceiro. A sancristía está apegada ó brazo norte do presbiterio.
A capela maior, de cantería, cóbrese cunha cúpula de media laranxa sobre pendentes que permiten pasar da sección cadrada do presbiterio á circular da bóveda. Un grande arco triunfal separa este espazo litúrxico da nave, que presenta ós seus pés unha pequena tribuna construída en madeira. Esta nave cóbrese cunha estructura de cemento imitando á antiga de madeira e ten tellado a dúas augas.
As capelas colaterais presentan bóvedas de canón e comunican coa nave a través de dous arcos de medio punto. Na sancristía destaca a bóveda de canón sobre arcos faixóns.
No exterior unha cornixa percorre todo o perímetro do templo. A fachada principal levántase sobre un zócolo e ten unha estructura pentagonal. A porta presenta unha solución bipartita; unha parte inferior composta por dous arcos de medio punto que descansan sobre un zócolo, e unha superior, formada pola porta alintelada con decoración de placas, que soporta un tímpano decorado cunha cruz. Ademais, seguindo un esquema tradicional nas freguesías do Arciprestado de Duio, aparece un van de luz rectangular con moldura formada por un listel de forma convexa.
A torre das campás posúe dous corpos: o primeiro está ocupado polo corpo das campás e no segundo destaca unha cupuliña rematada nun pináculo. A decoración é a base de placas seguindo a tipoloxía do campanario compostelán de San Fiz de Solovio.
As fornelas rematadas cunha vieira imprimen un carácter plástico á fachada principal, ó tempo que a diferencian doutras igrexas da zona.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría,Fisterra e Muxía”, Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-Páxina dos Bens da Provincia da Coruña que recolle esta igrexa:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA004.pdf (pax 9 de 11)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.020988131151505
Lonxitude: -9.17595237493515
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84