Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Salgueiros (San Mamede)
Lugar: Praza de Salgueiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cadrangular de cinco chanzos e pedestal cúbico rematado con bocel. Ten unha mesa acaroada á plataforma. O varal é cadrado con chafráns con adornos nos chafráns e recadrado na parte cadrangular do pedestal. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso e ábaco de lados rectos. Ten ademais volutas, follas de camelia e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular e amosa polo seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. A esta imaxe de Cristo fáltalle un brazo por rotura. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.01959974637223Lonxitude: -9.175533950328827
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84