Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Marín
Parroquia: Piñeiro (Santomé)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa parroquial de Santomé de Piñeiro foi levantada cara o século XII sobre o solar dun mosteiro anterior.
A pranta é rectangular, con cuberta de madeira e dunha soa nave, á que se abren catro arcos laterais que acollen altares particulares. A esta nave se adosa a capela maior, de pranta poligonal e cuberta cunha bóveda de canón apontada. Esta bóveda descansa sobre dous arcos faixóns, que se apoian á súa vez en cadansúa columna adosada ao muro, de fuste cilíndrico e capiteis historiados, que representan a Daniel no foxo dos leóns, cabezas con linguas entrelazadas, un anxo xunto a dous leóns de costas, e prantas adobiadas con caulículos. O arco triunfal que separa o presbiterio da nave está decorado con dúas arquivoltas, con motivos vexetais e axedrezados.
No exterior, a decoración segue nos capiteis das columnas adosadas á ousía, con motivos vexetais e entrelazos, e tamén nos canzorros debaixo do aleiro, con rosetas, rolos, animais, e cabezas humanas, aínda que xa deterioradas polo paso do tempo.
A fachada e o campanario, de trazas moi simples, son posteriores, de época barroca-neoclásica.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

No interior destaca o altar barroco, de influencia portuguesa, que foi doazón da familia Montenegro.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.355019823268094
Lonxitude: -8.719282150268555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84