
Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Tui
Parroquia: Pexegueiro (San Miguel)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A casa reitoral de Pexegueiro nace vinculada á inmediata igrexa parroquial románica de San Miguel, do século XII, noutro tempo asociada a un mosteiro hoxe desaparecido.
Edificación con planta en L, aberta cara ao suroeste onde mostra un típico elemento da arquitectura rural, o patín. Este presenta accesos con escadas polos dous extremos e a cuberta susténtase a través de pequenos piares de aresta biselada. A fábrica do edificio é a base de sillares en granito, especialmente nos muros sur e oeste. Pola contra na fachada norte mestura sillares irregulares con cachotería.
Os accesos atópanse cara o interior do L, tanto para o andar baixo como para o primeiro que se fan por escadas exteriores. Na cruxía norte atópase posiblemente o elemento máis sobresaliente despois do patín. Trátase dun gran van a modo de portal con arco levemente apuntado.
A día de hoxe atópase en ruína, conservando os muros exteriores a excepción do lado leste que está derrubado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: CT/03-ARQ/54
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
VILA BOTANES, S: “Pazos e casas de Tui. A arquitectura civil en Tui e Valença”. Tui, 2000 (p. 119)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (p. 56)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.04196665190361Lonxitude: -8.69790494441986
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 7, 2017
Deixo aquí a fotografía que realizamos o 4 de novembro de 2017 na que se pode ver o horroroso engadido de ladrillo.
Enlace ao PXOM do Concello de Tui do ano 2011 no que aparece esta reitoral: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA103.PDF (Ficha CT/03-ARQ/54 – Páxina 56)
Tamén aparece no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia co código RI.000042867