Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Lousame
Parroquia: Tallara (San Pedro)
Lugar: O Confurco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Segundo se pode ler nas doelas do arco da porta principal o edificio foi construído no 1746 e mandouno facer o reitor da parroquia de Tallara D. Miguel de Torres. Ao mellor por esa razón aparece no pxom de Lousame como a capela de S. Miguel. A capela feita con muros de cachotería e cadeirado para as paredes da fachada e a sancristía . Ten un grande pórtico, en proporción ao tamaño da capela, sostido por dúas columnas de pedra que a súa vez se apoian nun muro de pequena altura. Estas sosteñen vigas de madeira para o entramado da cuberta a dúas augas de dito pórtico. Ten escasos vans para a luz e a porta da entrada é moi ampla con respecto á fachada. Amosa un fermoso arco con grandes dovelas coas gravuras onde vai o escrito da súa fundación. O sitio no que se atopa ten tradición de antigos ritos de curación e ademais conta cunha fonte a onde acuden os romeiros. Unha tradición ten que ver cos penedos que se atopan cerca dela, como o penedo do Can Doente que cura das mordelladas dos cans e uns penedos de estreita pasaxe (polo camiño da fonte camiñando cinco minutos) que os que rozan os cadrís e ventre ao pasar por alí, quedan aliviados de problemas de costas e intestinais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA008.pdf
(páxina 5 de 10)
http://www.concellodelousame.com/situacio/parroq/tallara/tallara.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7298024736
Lonxitude: -8.85980844498
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84