Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribeira
Parroquia: Oleiros (San Martiño)
Lugar: Moldes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de capela realizado en granito no século XVII. Posúe cruz rectangular, con pedestal, brazos con mediacana e remates decorados; coas imaxes de Cristo Crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, mans abertas, con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á esquerda, INRI (pergameo); capela lisa con base moldeada, tellado plano e no interior a Virxe de Belén; capitel octogonal; plataforma cuadrangular de dous graos con voo. Posúe un pequeno peto pegado ao fuste. Está rodeado dunha pequena valla metálica.

Celebrase unha romaría a segunda fin de semana de maio nas inmediacións deste cruceiro. É a típica festa relixiosa herdeira das antigas celebracións da primavera e dos Maios. A santa venerada é a Virxe de Belén, á que lle piden, boas colleitas, cura para as doenzas e fertilidade para as mulleres.

Para chegar desde A Pobra do Caramiñal, collemos o desvío cara A Curota e seguindo o indicador a ese punto atoparemos con este cruceiro, situado xusto no cruzamento antes de comezar a ascensión ao miradoiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Di unha lenda que houbo un pobo cheo de caciques, patróns e comerciantes covardes , entre eles un alcalde tamén ruín. A este pobo chegou a Virxe de Belén, advertindo que se seguían así serían castigados, pero non fixeron caso e o alcalde botou do pobo a santa. Cando estaba pasando por un monte local (suponse onde se atopa o cruceiro) sentiu como un vento terrible destruíu o pobo. Este pobo podería ser Valverde, e din que estaría atuado nas dunas de Corrubedo.
Información: http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=14&id=993


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca014.pdf (p. 4)
http://www.flickr.com/photos/aamaianos/3560274882/
http://www.flickr.com/photos/certo/3522295676/
http://poligonodevite.blogspot.com.es/2010/06/o-cruceiro-de-moldes.html
http://pemonbouzas.blogspot.com.es/2010/10/cruceiros-y-anxelinos-en-cuarto-milenio.html
http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=14&id=993


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.60416281
Lonxitude: -8.98270726204
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84