
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Marín
Parroquia: Marin de Arriba (San Xulián)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Está situado na entrada dunha casa, entre prantas ornamentais, xusto diante da subida cara a Igrexa de San Xulián.
Aséntase nunha plataforma de dous chanzos, sobre a que se ergue un pedestal cúbico con inscripción:
DEVOCION D MARIA D PAZOS 1816 VERDº PEDRO
Sobre o pedestal álzase un esvelto fuste de sección cadrada na base, e logo octogonal, decorado con varias figuras: unha imaxe de Adán e Eva, baixo a árbore da Ciencia, acompañados da serpe, no lateral, que lle ofrece a Eva unha mazá coa boca. Enriba, unha imaxe de San Pedro, acompañada, polo outro lado, de San Antón co Neno no colo.
O capitel é de orde composta, con cabezas de querubíns de adorno no ábaco por tres dos seus lados, mentres que polo cuarto está a caveira de Adán, con dúas tibias cruzadas. No anverso da cruz, reprséntase unha imaxe de Cristo crucificado. Un anxo recolle o sangue que mana do seu costado nun grial, mentres que outros dous, sobre os brazos da cruz, sosteñen o Sudario. No reverso hai unha representación da virxe maría, sostida polos seus pes por outros dous anxos.
Conserva restos de policromía.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.380373832622176Lonxitude: -8.68769109249115
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 18, 2014
Este cruceiro tamén recibe o nome de cruceiro da Barreira:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca002.PDF (Páxina 54 e 55)