Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: Caberta (San Fins)
Lugar: Caberta - Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é cadrado con chafráns con remate cilíndrico e empezando en cadrado e recadrado tendo gravado en cadansúa cara unha cruz. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Tamén ten volutas e follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é cuadrangular e polo anverso desta presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación debido a grande erosión que ten.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.021650936542244
Lonxitude: -9.182920753955841
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84