Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado, Reitoral,
Concello: A Arnoia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: A Arnoia (San Salvador)
Lugar: Outeiro Cruz
Outra denominación do ben: Casa reitoral de San Salvador
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio cúbico de planta cadrada, con dúas alturas máis baixocuberta, muros portantes de perpiaños de cantería e cuberta a catro augas. A disposición dos vans e irregular, todos eles adintelados. Un valado de perpiaños e cachotería de granito rodea a parcela na que se inscribe o antigo convento que ostenta as armas do Mosteiro de Celanova ao que pertenceu ata ben entrado o século XIX. A partir de 1835 converteuse en casa reitoral de San Salvador de Arnoia.
O edificio, antigo Priorato que dependía do mosteiro de Celanova, ostenta as armas da abadía fundada por San Rosendo: a cruz,o compás e o espello. Segundo as investigacións realizadas polo historiador Xabier Moure, este priorado foi fundado posiblemente no ano 899. No século XI era dúplice ou feminino, xa que nun traslado documental feito no 1426 dun diploma datado no 1016 dise que era do tempo das donas que foron “eno moesteiro d´Arnoya”. Aparece citado en privilexios pontifícios concedidos á sé auriense no 1185 e no 1203, nos que aparece como mosteiro. Despois, ata o ano 1835, e xa dependendo do Salvador de Celanova, foi rexido por monxes bieitos; nunha avinza que Celanova fai con Melón sobre unha pesqueira lese: “ut abbas et cnventus Cellenove, nomine monasterii de Arnogie, percipiant de singulis retibus”. Parece que foi un dos máis rendibles do mosteiro de Celanova durante a Idade Media e a Idade Moderna, tal como testemuña frei Benito de la Cueva de que era “uno de los mexores prioratos, o el mexor, que tiene Zellanova”.
Hoxe en día é un establecemento hoteleiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARNOIA/documents/27456CA123.jpg
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2532116111Lonxitude: -8.13942074776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84