Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Arnoia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: A Arnoia (San Salvador)
Lugar: Porqueira
Outra denominación do ben: Peto de ánimas de San Mauro
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Construído en pedra, componse de tres partes superpostas: un baseamento, onde se aloxa o esmoleiro para a percepción dos donativos, por riba unha cornixa, que se prolonga cara a adiante, formando unha mesa altar sobre a que se asenta o segundo corpo, con dous machóns e unha fornela de medio punto que acolle a imaxe da Virxe do Carme sobre un relevo que reproduce os sufrimentos das benditas ánimas, inmersas nun mar de linguas de lume. Esta parte escultórica conserva restos de policromía.
Remata o monumento unha cornixa sobre a que se asentan dous pináculos e un frontón triangular con cruz.
O peto posúe unha inscrición case ilexible por debaixo da mesa que contén o caixón das esmolas que di: “LIMOSNA B(endi)TAS ÁNIMAS”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARNOIA/documents/27456CA116.jpg
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17790&ctre=56&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2654161691
Lonxitude: -8.14789652824
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84