Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Baroña (San Pedro)
Lugar: Monte da Gurita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

No petróglifo da Gurita (I) as figuras aparecen pola superficie da rocha dun xeito aparentemente aleatorio, contando máis de corenta representacións de zoomorfos cérvidos, entre os que se atopan machos, femias e crías, diferentes motivos circulares, un motivo heliomorfo inédito no catálogo da arte rupestre galega e outras imaxes de difícil interpretación, debido a erosión.

Pola ausencia de superposicións, podemos entender que todo o conxunto foi feito nun único intre, polo que posiblemente tivera poucas modificacións desde que se fixo ata hoxe.

A rocha está na ladeira oeste do outeiro e dá á sombra ata que o sol se levanta un pouco e se move cara ao sur. Os cervos, que están representados na roca parece que teñen en conta estas circunstancias, seguen direccións diferentes, pero sempre orientado cara ao leste-se.

Por outra banda, a rocha é moi inclinada, o que dificulta a visualización dos gravados, parece que foi a propósito facelas aquí e non escoller outros afloramentos horizontais na base do outeiro.

Os gravados da Gurita I localízanse no treito superior da aba meridional do Monte da Gurita, na parte norte da península do Barbanza, que constitúe un núcleo de especial concentración de estacións con arte rupestre prehistórica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15071012
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
http://www.portodoson.org/index.php/component/content/article/96-varios/71-ver-pxom

Monte da Gurita
Monte da Gurita


http://petroglifosdegalicia.blogspot.com.es/2009/02/petroglifo-de-monte-da-gurita-i.html
http://asu.academia.edu/CarlosRodr%C3%ADguezRell%C3%A1n/Papers/328953/NATURALEZA_Y_DISTRIBUCION_ESPACIAL_DE_LOS_GRABADOS_RUPESTRES_DEL_NORTE_DE_LA_PENINSULA_DO_BARBANZA_A_CORUNA_-Nature_and_spatial_distribution_of_the_prehistoric_petroglyphs_in_the_Northern_side_of_the_Barbanza_Peninsula
http://jlgalovart.blogspot.com.es/2010/10/petroglifos-de-gurita-s-pedro-de.html
http://jlgalovart.blogspot.com.es/2010/10/barona-porto-do-son-los-petroglifos-de.html
http://atienzaniaenruinas.blogspot.com.es/2010/08/petroglifos-de-gurita-porto-do-son.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.70152390003204
Lonxitude: -9.012935757637024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84