Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Treos (San Miguel)
Lugar: Treos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa de San Miguel de Treos presenta planta de cruz latina co presbiterio de planta cadrada. Está cuberta por unha bóveda de canón e sostida por dous arcos que descansan sobre columnas.
Presenta unha soa nave dividida en tres tramos separados por arcos. Ademais, un grande arco triunfal formado por arquivoltas tóricas comunica a ábsida directamente coa nave. Dúas capelas de planta cadrada apegadas ós muros norte e sur converten a planta desta igrexa nunha planta de cruz latina.
No ano 1813 o templo reformouse engadíndolle a actual fachada, de traza moi sinxela, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta alintelada e con molduras e que ten unha cornixa no ancho da portada. Sobre o ingreso vai unha xanela cadrada moldurada e sobre esta un van octogonal onde vai posto hoxe en día un altofalante. Todo este esquema da fachada de forma pentagonal remata cunha cornixa que vai coroada por unha cruz de pedra e flanqueada por pináculos redondeados e piramidais. A mediados do século XX, concretamente nos anos 1956 e 1957, levántase a torre, apegada ó muro sur.
O retablo maior é de trazado neoclásico aínda que a súa decoración revela pervivencias dos estilos anteriores. Nel o crucificado é unha talla barroca do 1797.
Ó exterior os canzorros da ábsida e dos muros da nave engaden interese a este conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas». Vol. X, Deputación Provincial da Coruña, 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.08771904390983
Lonxitude: -8.968014121055603
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84