Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Arnoia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Remuíño (Santo Antón)
Lugar: Remuíño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Edificio de nave rectangular, presbiterio máis sancristía, e muros portantes de perpiaños de granito. A cuberta é de dúas augas na nave principal, e a varias augas no resto dos corpos.
No alzado exterior destaca a fachada, tamén de cantería, que representa unha traza pentagonal. No eixo vertical que pasa polo centro superpóñense a portada cun arco moi rebaixado e unha xanela circular. A fachada remata cunha espadana barroca de dous corpos, o inferior con tres machóns e dous arcos de medio punto onde se aloxan as campás, o corpo superior formado por un arco de medio punto rematado por un frontonciño semicircular cun pináculo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior se conservan unhas reliquias da cruz de Xesucristo que, segundo me contan xentes do lugar, foron traídas dende Roma.


Tradición oral:

Existía unha tradición (descoñezo se aínda se realiza) asociada a esta igrexa que ten relación coas treboadas. Cóntanme que nos días fortes de treboada se abrían as portas da igrexa e o Sagrario e ao pouco tempo as nubes marchaban e o ceo quedaba limpo. A única condición era que as portiñas do Sagrario as tiña que abrir unha nena ou unha muller virxe.
No lugar de Remuiño vive un home que, sendo neno, abriu as portas do Sagrario e “un raio me pegou na man e me chimpou a uns metros do retablo”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARNOIA/documents/27456CA105.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2381442213
Lonxitude: -8.13644617796
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84