Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dumbría
Parroquia: Olveira (San Martiño)
Lugar: Olveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de Olveira, lugar vinculado á peregrinación xacobea a Fisterra e Muxía, presenta unha planta de cruz latina cunha capela maior rectangular, aínda que un pouco estreita. Posúe unha sancristía apegada ó muro norte do presbiterio. Unha bóveda de canón cobre a capela maior. Esta capela queda unida ó resto da edificación mediante un arco triunfal sobre semicolumnas apegadas.
Para iluminar o interior abriuse un óculo sobre o arco triunfal. A nave, estreita e alongada, cóbrese con bóveda de canón rebaixada de cemento e reforzada por tres arcos faixóns sobre pilastras dóricas que dividen a nave en catro tramos.
No cruceiro levántase dúas capelas iguais; a da dereita dedicada ó Santo Cristo e a da esquerda á Virxe do Carme. A diferencia da nave central, estas capelas cóbrense con bóvedas de cantería granítica e ábrense á nave central mediante un arco sinxelo. Un coro alto de cemento sitúase ós pés da igrexa, como é habitual nos templos deste concello.
Ó exterior obsérvase unha graduación dos volumes, xa que a nave central é máis elevada cás naves laterais. Cóbrese cun tellado a dúas augas ó igual cá ábsida. A fachada é de forma pentagonal de perfectos perpiaños de granito. Un eixo vertical organiza a distribución da fachada; de abaixo arriba aparecen a porta semicircular sen ornamentación, un van coa imaxe de San Martiño, unha fiestra rectangular, un corpo xeométrico decorado con placas e unha torre de dous corpos coroada por unha cupuliña. O retablo barroco da capela maior fórmano dous corpos divididos en tres bandas. Destacan pola súa talla as columnas salomónicas da banda central, máis alta e ancha cás laterais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA004.pdf (p. 9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.990110729560214
Lonxitude: -9.030359387397766
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84