Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Olveira (San Martiño)
Lugar: Olveira - Adro da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado na que vai acaroada unha mesa. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é troncopiramidal invertido feito de formigón. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. Todo o cruceiro é de granito agás o capitel, que é de formigón, e ten un regular estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.990151930689464
Lonxitude: -9.03077244758606
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84