Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dumbría
Parroquia: Olveiroa (Santiago)
Lugar: Olveiroa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de Santiago de Olveiroa é un templo de pequenas dimensións cunha planta basilical dunha soa nave e unha ábsida rectangular. O presbiterio comunica coa nave mediante un arco triunfal moi peraltado que apoia en dúas semicolumnas. A nave está dividida en tres tramos mediante arcos faixóns que descansan en pilastras apegadas ó muro sobre plintos. A sancristía é outro espazo a destacar nesta pequena igrexa: sitúase no lado norte da ábsida, con comunicación desde o interior do presbiterio. A ábsida, rectangular ó exterior, é de aparello de cantería e leva unha cornixa na parte superior. O seu tellado é a dúas augas, ó igual que o resto da cuberta. A fachada, de perpiaños graníticos, presenta un esquema pentagonal; seguindo un eixo vertical superponse no seu centro unha secuencia formada por unha porta alintelada, cunha moldura recta que sobresae con respecto ó plano da fachada; unha xanela rectangular de igual moldura e unha espadana cun só corpo formado por un arco de medio punto, sobre piares cuadrangulares con pilastras apegadas. O retablo da capela maior pertence ó estilo neoclásico e nel destaca a imaxe de Santiago peregrino.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía». Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA004.pdf (p. 9)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.965913049495356Lonxitude: -9.039224088191986
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84