Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Marín
Parroquia: Seixo (Nosa Señora do Carmo)
Lugar: Aguete
Outra denominación do ben: Pazo dos Gago de Mendoza
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este pazo, fundado por Juan Antonio Gago de Mendoza, derradeiro membro dunha estirpe de corsarios, rematouse de construír en 1801, segundo reza a inscripción da súa entrada. Trátase dunha casa grande, construída á beira do mar, antigamente fortificada con muralla e foxo, e cun peirao anexo, que hoxe forma parte do porto de Aguete.

Consta de dous andares nos seus varios corpos ou edificacións anexas, con patíns e solainas cara o mar ao Oeste. O elemento decorativo máis destacado é unha labra heráldica no pincho da casa principal: sobre unha cruz de Santiago, un escudo amosa en diferentes particións as diferentes linaxes vinculadas á familia (Gago, Montenegro, Oca, Vázquez, Mendoza, Agulla, Soutomaior e Sarmiento), timbrado con coroa marquesal e un elmo. Completan a decoración torsos de efebos que sosteñen outros tres escudetes.

Gago de Mendoza organizou as “Alarmas do Morrazo”, contra o exército napoleónico, e máis tarde sumouse ao pronunciamento de Riego ao proclamar a Constitución de Cádiz en Pontevedra en 1820. A volta do absolutismo provocou a súa ruína, polo que a súa viuva debeu vender o pazo en 1833. Iso explica as múltiples transformacións que sufríu o edificio, pois foi convertido en fábrica de salgazóns, logo asteleiro, e finalmente acabou dividido, convertido en vivenda particular, e sé do Clube de Mar de Aguete.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fortes, A.: O corsario: Vida e tempos de Juan Gago de Mendoza. Vigo, Ed. Xerais, 2005.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.374742694328425
Lonxitude: -8.736453652381897
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84