Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ribeira
Parroquia: Santa María de Olveira
Lugar: Sirves
Outra denominación do ben: Menhir da Agra , menhir de Cristal
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O menhir de Bretal é un elemento singular dentro do panorama da prehistoria galega. Xunto co menhir de “A Lapa de Gargantáns” en Moraña, Pontevedra, e “A Pedra Fincada” en Marín, Pontevedra (único menhir localizado na súa posición orixinal e escavado con metodoloxía arqueolóxica), trátase dun dos poucos menhires presentes hoxe en Galicia. Deberon ser moitos os menhires existentes na nosa terra pero o paso do tempo pasoulles factura facendo que pouco a pouco perdesen ese valor simbólico que tiveran antano e fosen aproveitados como materia prima polas sociedades máis modernas.

O menhir localízase no lugar de Bretal (parroquia de Santa María de Olveira). Atópase, na actualidade, nunha propiedade particular relativamente perto do dolmen de Axeitos e constitúe unha das últimas contribucións ao “megalitismo” galego xa que foi descuberta na segunda metade do decenio dos 90, enterrada a uns dous metros de profundidade en posición horizontal. Presenta forma triangular apuntada cos lados asimétricos (un recto e o outro convexo) e unha lonxitude máxima de 250 cm, mentres que o grosor alcanza os 50 cm.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Declaración de BIC:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5fa9891f59e2457bc125786b0047f140/$FILE/07000D005P012.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en un xardín particular, polo tanto non corre perigo de que o rompan.


Onde está localizado

Latitude: 42.590338784879
Lonxitude: -9.0341547131539
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84